O Poio que Funciona e Zona Franca continuarán da man no plan de desenvolvemento do polígono industrial de Fragamoreira

23/05/2023

Hai máis de dez anos que xurdiu a demanda dun polígono industrial en Fragamoreira, pero as constantes negativas da Xunta de Galicia dilataron e entorpeceron un proxecto clave para o desenvolvemento industrial do municipio e da súa veciñanza.

Finalmente, avalados pola súa capacidade de negociación e de xestión, dende a concellería de Urbanismo e Promoción Económica da que é titular Gregorio Agís, o Concello de Poio chegou a un acordo coa Zona Franca para impulsar e desbloquear esta iniciativa. Hoxe o Polígono de Fragamoreira vaise converter en realidade, con máis de 386.000 metros cadrados, dos cales case 235.000 van ter un aproveitamento industrial ou comercial.

Gregorio Agís, candidato socialista á alcaldía de Poio, e David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo e secretario xeral del PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra, amosaron nesta xornada a súa satisfacción por un paso adiante fundamental de cara á dinamización do Poio que Funciona.

“O Concello de Poio necesita novo chan industrial para atraer investimentos e xerar emprego, riqueza e benestar, por iso, foi fundamental o acordo ao que chegamos os  socialistas co Consorcio Zona Franca de Vigo para desbloquear e impulsar definitivamente o polígono de Fragamoreira”, aplaude Gregorio Agís.

“Ante a pasividade e a falta de interese por parte da Xunta de Galicia, coa complicidade do candidato do PP, Ángel Moldes, que fixo todo o posible para bloquear este proxecto, e despois de 15 anos de  impedimentos por parte de Xestur, agora fomos capaces de dar un impulso definitivo a este polígono industrial para desenvolver, a través desta actuación, máis de 230.000 metros cadrados para actividade empresarial, dentro dunha área de preto de 400.000 metros cadrados, que será dotada de zonas verdes, a escola infantil e equipamentos de todo tipo”, insiste o candidato á alcaldía.

“Estamos convencido de que o desenvolvemento de Fragamoreira suporá un antes e un despois para o noso concello coa idea de que pase a converterse nun motor que garantirá o crecemento económico e social de Poio”, insiste o alcaldable.

Pola súa banda, David Regades afirmou que “Gregorio Agís foi a persoa que se puxo en contacto con nós para asinar este convenio”. “Fragamoreira ten moita potencialidade porque está conectada a vías de alta capacidade, á autovía e á autoestrada, polo que cumpre todos os requisitos para ser un parque empresarial que poida desenvolver Zona Franca”, subliña.

“Temos en marcha un estudo para impulsar o desenvolvemento desta zona, na que vemos unha oportunidade, polas boas comunicacións e a demanda existente nesta zona de solo empresarial”, engadiu o delegado da Zona Franca.

Gregorio Agís sempre expresou publicamente o seu agradecemento ao líder dos socialistas na provincia e delegado da Zona Franca pola predisposición á hora de facer realidade o polígono pois é un organismo que “conta cunha experiencia e unha eficacia probada no desenvolvemento de polígonos noutros puntos de Galicia”.

Co primeiro paso xa dado, neste mandato o Poio que Funciona continuará o labor de planificación deste espazo industrial ben ordenado, equipado coas dotacións necesarias e perfectamente comunicado.

O Poio que Funciona impulsará as infraestruturas de comunicación no concello

Deja una respuesta

Scroll al inicio