O Poio que Funciona impulsará as infraestruturas de comunicación no concello

22/05/2023

“Poio precisa dun impulso nas infraestruturas de comunicación articulando o concello e mellorando as conexión cos municipios limítrofes. Unhas boas comunicacións garanten o futuro do concello actualmente condicionado en puntos como a PO-308, especialmente en A Barca e Combarro. Necesitamos articular os núcleos altos garantindo boas vías de comunicación que propicien o seu desenvolvemento”. Baixo estas premisas, a candidatura de Gregorio Agís por una Poio que Funciona seguirá a traballar neste mandato na mellora das comunicacións.

No programa do PSdeG de Poio recóllense doce medidas que buscan poñer solución a un problema que lastra o desenvolvemento económico e, por extensión, o benestar da veciñanza. A capacidade de diálogo e de xestión é un dos principais avais do equipo de Gregorio Agís como quedou demostrado nos últimos anos, e o seguirá a ser á hora de acometer estas medidas tan necesarias como urxentes.

Así, instarase a Xunta de Galicia, como administración responsable, a que garanta dun servizo de transporte digno e funcional que preste un servizo público fiable e de calidade para a veciñanza.

Hai que garantir a seguridade vial e peonil, así como a mellora de servizos en toda a PO-308, unha estrada para a que tamén o PSdeG plantexa un proxecto de mellora en Porteliña, Andurique e A Barca.

“Tamén debemos de acometer a segunda fase do vial de Campelo a través do convenio firmado por Deputación”, insiste Gregorio Agís que engade entre os puntos do seu programa a  mellora dos accesos ao novo equipamento na Canteira de Graña favorecendo a conectividade de Castelo e Campelo Norte como recordou na visita do pasado venres do ministro Miquel Iceta a Poio.

O candidato tamén cree que “a variante Norte é unha infraestrutura de primeiro nivel que está infrautilizada”, polo que propón a conexión da alternativa norte coa autoestrada para facilitar a conectividade.  “Impulsaremos de forma decidida a construción do vial do Vao para facilitar a conexión da Caeira e diversificar o tráfico que pasa polo nó de A Barca”, afirma.

-Novas conexións

Ademais, o equipo de Gregorio Agís comprometese a impulsar a conexión da autoestrada coa rotonda de Portosanto en sentido de saída para que esta funcione como circunvalación de A Barca.

Outras accións que recollen no programa sinalan a construción dun vial alternativo aberto que conecte as zonas altas do municipio e reduza o impacto do tráfico na PO-308 e que permita o desenvolvemento urbanístico dos núcleos altos, facilitando a súa conectividade.

“Así mesmo impulsaremos a conexión do paseo marítimo de Raxó con Sanxenxo e a de A Armada e Esperón e o Vial alternativo á PO-308 coa estrada de acceso a Armenteira con Meis”, apunta o candidato á alcaldía de Poio que exerceu de concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica no último mandato.

Gregorio Agís e o seu equipo tamén consideran clave para a dinamización comercial e turística do concello a necesidade de habilitar máis zonas de aparcadoiros disuasorios no centro e nos barrios de Poio, tanto en terreos municipais como a través de convenios con propietarios de solares sen uso. “Trataríase dunha cesión temporal e o concello asumiría a limpeza e o mantemento”, puntualiza.

-Camiño andando

No pasado mandato, unha das grandes actuacións que se levou a en Poio foi a mellora de estrada provincial que une Portosanto con Campelo, unha obra que tivo un custo de máis de 2 millóns de euros que renovou completamente unha estrada moi perigosa e cun alto índice de sinistralidade. “Agora estamos traballando na fase 2, cun convenio que se firmará en breve, para conectar Campelo coa Seara”, destaca o candidato que reitera a importancia da transformación urbana destes 4 quilómetros.

Na súa dobre condición de concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica e deputado provincial de Infraestruturas, o candidato socialista insiste en que “a mellora das comunicacións é clave para o futuro de Poio”.

Mitin Peche de Campaña

Deja una respuesta

Scroll al inicio