Xestionar a Illa de Tambo sempre foi unha aspiración dos colectivos compartida polo PSOE de Poio, pola oportunidade que representa para o desenvolvemento do noso municipio no eido turístico, ambiental e patrimonial.
O martes 1 de marzo de 2022 quedará gravado con letras de ouro na Historia do noso municipio. Nesta data fíxose realidade un fito sen precedentes para Poio, a Illa de Tambo pasou a estar xestionada directamente polo Concello de Poio, grazas á cesión demanial asinada co Ministerio de Defensa. Un feito que foi posible grazas ao labor e ás negociacións que levou a cabo o noso compañeiro Gregorio Agís desde a Concellería de Promoción Económica e Urbanismo.
Accións que queremos facer en Raxó
1. Cuberta das pistas de Monte Baldío.
2. Impulsar a conexión do Paseo Marítimo con Sanxenxo.
3. Dotar de contido e crear unha programación propia para o Centro Cultural Xaime Illa.
4. Executar a gran plaza acordada co Arzobispado para estacionamento, lugar de encontro e usos de lecer.
5. Continuidade da Rúa do Rego con Rabo de Porco e mellora do camiño actual.
Accións que queremos facer en Samieira
1. Campo de herba artificial en Río de Bois.
2. Continuar a Fase II da senda da “Ruta dos Muíños” coa senda da praia do Laño.
3. Exixir a execución do Proxecto da zona portuaria do Covelo segundo o convenio asinado en 2009, a día de hoxe paralizado pola Xunta de Galicia.
4. Nova senda litoral entre Covelo – Ouriceira – Chancelas.
5. Continuar coa mellora de núcleos tradicionais en Arén e Samieira.
Accións que queremos facer en San Xoán
1. Execución das beirarrúas dende Campelo ata A Seara. (RÚA BEIRAMAR, CAMIÑO CASTELO E RÚA DO CESTEIRO)
2. Dotar de saneamento os núcleos de Vilariño e Fragamoreira.
3. Senda dende A Seca ata Combaro e posta en valor do litoral. Contectar A Seca e Combarro cun sendeiro peonil, o que permitirá un maior aproveitamento do espazo de estacionamento da Seca.
4. Creación dunha gran zona central de recreo en San Xoán, para espazo de lecer e lugar de encontro da cidadanía.
Accións que queremos facer en San Salvador
1. Destinar a “Casa Rosada” a Espazo de Conciliación e centro de actividades, espazos de ensaio para mocidade, locais para tecido asociativo, integrada na Rede de Espazos Cidadáns.
2. Creación dunha zona de encontro no Parque de Costa Giráldez, con lugar de abrigo e zonas cubertas para a actividade ao aire libre.
3. Executar o viario previsto que dá continuidade a Rúa Palestina.
4. Continuidade da urbanización actual por rúa Rio Miño e rúa San Antoniño.
5. Habilitación dun espazo público de estacionamento na finca de Coca Cola.
Accións que queremos facer en Combarro
1. Creación de zonas de estacionamento disuasorio nas inmediacións de Combarro.
2. Nova senda litoral O Padrón – A Seca, configurando unha senda continua ata Pontevedra.
3. Nova senda litoral Chancelas Pequena – Ouriceira – O Covelo, e conexión coa senda do Laño.
4. Mellora integral do núcleo dos núcleos de A Fonte e A Bouza en Chancelas.
5. Recuperación integral Casalvito – O Padrón a través do Plan Ágora.
6. Ampliación e creación de senda peonil e ciclista do Camiño Real e Combarro.
7. Novos locais no Porto Deportivo de Combarro: Centro de Información Turística e Espazo Veciñal.
8. Casa do Ateneo: Centro de Interpretación Municipal do Conxunto Histórico de Combarro.
Cookie | Duración | Descripción |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |