MELLORA DOS ENTORNOS RESIDENCIAIS E TRADICIONAIS

Melloramos os entornos tradicionais e as zonas residenciais do noso municipio con actuacións integrais e transformadoras que contribúen a mellorar a calidade de vida da veciñanza e garanten entornos agradables e atractivos con espazos con valor engadido. Renóvanse os servizos con proxectos que resolven todas as necesidades, con acabados de calidade que teñan unha duración prolongada, evitando actuacións illadas e executando un proxecto integral que transforma e mellora a zona residencial na súa totalidade.

ALGÚNS DOS NÚCLEOS QUE XA EXPERIMENTARON ESTA TRANSFORMACIÓN SON: Lameiriña, Caneliñas, Seara, Casal, Adro – Porteliña, Portosanto, A Puntada, Saíñas, Arén, Liñares, Pernas Peña, Mato Calderón, Riestra, Padre Avelino…

Deja un comentario

Scroll al inicio