
Miquel Iceta: “El candidato socialista a la alcaldía, el futuro alcalde, tiene ideas clarísimas de cómo impulsar el municipio sobre la base de apostar fuerte por la cultura, el deporte, el paisaje y el turismo”
A visita desta tarde do ministro de Cultura y Deporte do Goberno de España, Miquel Iceta, para arroupar á candidatura socialista de Gregorio Agís, permitiu poñer en valor a necesidade de diálogo para un Poio que Funciona.
O paseo por A Seca, polo entorno costeiro onde a candidatura conta con moitos proxectos para a súa transformación, así como polo propio núcleo de Combarro, permitiu repasar algunhas das iniciativas. “Vimos de tratar a importancia de recuperar a Casa de Combarro e contamos co compromiso do ministro de indagar na titularidade do inmoble para incorporalo ao servizo público, ao inventario de bens tanto da Deputación como do Concello”, subliñou Gregorio Agís.
“Estivemos falando tamén da importancia do proxecto do 2% cultural de transformación de Combarro que levamos no noso programa como o casco histórico, o entorno BIC, que é merecedor deste tipo de axudas dependentes dos diferentes ministerios de Cultura e Fomento”, engadiu o candidato á alcaldía do Concello de Poio.
O ministro Iceta tamén tivo a posibilidade de ver de preto o solar da antiga canteira de A Graña, onde o equipo de Gregorio Agís ten previsto a construción dun pavillón de deportes “tan esperado e tan necesario” e dun auditorio que “poña en valor a nosa cultura e que sexa capaz de albergar eventos relevantes”.
“Queremos xerar aquí un núcleo de equipamento municipal, tamén co Punto Limpo, e con outras instalacións ao aire libre, con espazos verdes, que sen dúbida van mellorar non só todos os servicios que se ofreza á veciñanza, senón a conectividade deste entorno”, repasou Agís.
“Os socialistas temos a intención de traballar intensamente nestes catro anos para desenvolver os equipamentos dos que estamos a falar”, insistiu o candidato que reiterou as grazas ao ministro Iceta. “É un pracer contar co teu ánimo, coa túa experiencia, co teu apoio. Esperamos ter a oportunidade de reencontrarnos aquí como alcalde para impulsar estes proxectos dos que estamos a falar e impulsar as iniciativas nas que levamos tempo traballando”, reiterou Agís.
-Compromiso de apoio e colaboración
Pola súa banda, o ministro Miquel Iceta confesou quedar abraiado por todo o “potencial” de Poio. “Me alegro de ver como el candidato socialista a la alcaldía, el futuro alcalde, tiene ideas clarísimas de cómo impulsar el municipio sobre la base de apostar fuerte por la cultura, el deporte, el paisaje y el turismo”, afirmou.
“Tambo es una oportunidad, Combarro tiene ya un atractivo turístico muy importante y tenemos una deuda al tener que acabar de registrar la Casa para que sea propiedad pública y para que el Ministerio de Cultura pueda ayudar, o bien hacer un Centro de Interpretación”, reconoció Iceta.
“Me alegro mucho de que haya la voluntad de hacer un polideportivo, ahí tenemos que colaborar diversas administraciones, las competencias de deporte corresponden en primera instancia a la Xunta, pero me consta que también las Diputaciones pueden echar una mano”, repasó también.
“De lo que podéis estar seguros es que ese empuje, esa idea de un Poio muy avanzado, que aprovecha bien su ubicación geográfica y la especificidad de esta zona, va a contar con nuestro apoyo y nuestra colaboración en todo aquello que podamos”, subrayó el ministro de Cultura y Deportes del Gobierno de España.