Gregorio Agís e o seu equipo apostan por un Programa Integral para o desenvolvemento económico de Poio

13/05/2023
11:00 - 12:00

Gregorio Agís, candidato socialista á alcaldía do Concello de Poio, e o seu equipo de candidatura apostan por un programa integral para o desenvolvemento económico do municipio co obxectivo de favorecer a xeración de riqueza, o asentamento de empresas e negocios no municipio e, por extensión, a creación de emprego. “Isto incidirá directamente na calidade de vida e o benestar”, subliña.

Avalado por unha capacidade de xestión que funciona, como quedou demostrado neste mandato dende a súa dobre condición de concelleiro de Urbanismo e deputado provincial de Infraestruturas, o candidato socialista considera que o comercio local precisa un novo pulo en canto á modernización e á profesionalización. No seu proxecto tamén é clave poñer en marcha programas e iniciativas que fomenten o consumo de proximidade e potencien o seu desenvolvemento nas novas áreas residenciais, onde agora mesmo é practicamente inexistente.

“Todas as accións deben ir orientadas a que o concello sexa mellor, e para iso é fundamental ter un polígono”, engade Gregorio Agís. Grazas aos socialistas o primeiro paso xa está dado. Pese a pasividade e a falta de interese da Xunta, e despois de 15 anos de bloqueos e impedimentos por parte de Xestur, o PSdeG de Poio logrou un acordo co Consorcio Zona Franca para dar un impulso definitivo ao polígono industrial de Fragamoreira.

E xunto á consecución desta novo chan industrial, Gregorio Agís e o seu equipo poñen o foco na necesidade tamén de impulsar áreas de implantación comercial para as pequenas empresas e negocios de proximidade, así como a creación e consolidación de feiras e eventos de promoción e dinamización en lugares estratéxicos, que sirvan como pulo da actividade.

-Acompañar os proxectos vitais

“Cremos que é unha prioridade acompañar os proxectos vitais. En Poio hai moito talento, moitos emprendedores que queren desenvolver proxectos moi interesantes e o concello non pode supoñer un freo para eles”, afirma o candidato á alcaldía.

O goberno de Poio que propoñen os socialistas proporcionará a axuda e o asesoramento necesarios para facilitar un contorno propicio para os negocios, acompañando os proxectos emprendedores e posibilitando as condicións para que poidan operar con comodidade e garantías. Ademais, desenvolverá un programa de formación para mellorar a empregabilidade da veciñanza con cursos e accións formativas.

Trátase dunha folla de ruta que funcionará con perspectiva de futuro, que ao mesmo tempo pon en valor os principais sectores produtivos de Poio como a pesca e o marisqueo, que aposta por dinamizar os recursos vencellados ao turismo grazas a súa costa, e sinala novas fontes de desenvolvemento económico como os derivados da ampla masa forestal que existe no concello.

Acto de presentación de candidatura

Deja una respuesta

Scroll al inicio