Depuradora para Raxó e Samieira

DEPURACIÓN PARA RAXÓ E SAMIEIRA COA NOVA EDAR.

Un acordo histórico entre o Goberno de España, o Concello de Poio e o Concello de Sanxenxo permitiu a depuración integral do lado norte da Ría, despois de que a Xunta de Galicia fora incapaz de asumir as súas competencias e executar unha infraestrutura tan necesaria para os veciños de Poio. Temos moi presentes as mentiras e manipulacións do Sr. Moldes, que insistía na ubicación da EDAR en Samieira, ao tempo que responsabilizaba ao Concello dunha situación que debía resolver a Xunta. Fomos quen de acordar co alcalde de Sanxenxo unha actuación beneficiosa para ambos concellos e, sobre todo, para a calidade das augas da Ría. Agora agardamos que a Xunta sexa quen de afrontar a mellora da depuradora de Praceres. Unha vez se demostra que cando se quere resolver un problema, se aborda con decisión e sen escusas. Buscando consensos, resolvemos un problema ante a incapacidade do PP de facer nada. Quedou patente quen é o que tenta enganar aos veciños e quen somos os que defendemos o interese xeral da cidadanía.

Scroll al inicio