Cesión da Illa de Tambo

Xestionar a Illa de Tambo sempre foi unha aspiración dos colectivos compartida polo PSOE de Poio, pola oportunidade que representa para o desenvolvemento do noso municipio no eido turístico, ambiental e patrimonial.

O martes 1 de marzo de 2022 quedará gravado con letras de ouro na Historia do noso municipio. Nesta data fíxose realidade un fito sen precedentes para Poio, a Illa de Tambo pasou a estar xestionada directamente polo Concello de Poio, grazas á cesión demanial asinada co Ministerio de Defensa. Un feito que foi posible grazas ao labor e ás negociacións que levou a cabo o noso compañeiro Gregorio Agís desde a Concellería de Promoción Económica e Urbanismo.

Scroll al inicio