Palacete de Besada

INVESTIMENTO 529.184 euros, IVA incluído, financiado integramente con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O PALACETE DE BESADA XA É UNHA REALIDADE. POIO CONTA CON UN ESPAZO SINGULAR NUN ENTORNO INCOMPARABLE.

Gregorio Agís conseguiu que o Palacete de Besada fose reformado, recuperado e democratizado para toda a nosa veciñanza. Un lugar que no seu día acolleu a grandes persoeiros e que agora,co traslado de Servizos Sociais e do CIM desde a Casa Rosa, convírtese nun espazo de encontro para mocidade, persoas maiores e mulleres nun emprazamento dos máis emblemáticos de toda a provincia.

Unha obra financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cun importe de 530.000€, grazas a unha Deputación que garante fondos en igualdade de condicións para todos os concellos.

Scroll al inicio