Os fondos europeos son unha oportunidade para a transformación e mellora do noso municipio. Aqueles concellos que sexan capaces de conquerir estes fondos obterán unha ventaxa competitiva adiantando o futuro e permitindo a transformación dos seus territorios. Poio está á vangarda na xestión de fondos europeos, dende a Concellaría de Promoción Económica conseguimos máis de 20 millóns de euros nos últimos 4 anos. Somos o concello de Galicia con máis fondos europeos conseguidos per cápita.
Estrada de Campelo / Rematado
Co goberno provincial da socialista Carmela Silva foi posible a reforma integral da estrada Portosanto – Campelo por un importe de 2.012.119€. Este proxecto da Deputación de Pontevedra mereceu fondos europeos por valor de 1.500.000€ que
permitiron reembolsar o 30 por cento de aportación municipal. Unha completa transformación que mudou unha estrada perigosa para peóns e vehículos.
Substitución de 2650 luminarias eficientes de baixo consumo / En execución
Renovación de 2.695 puntos de luz para pasar a dispoñer de luminarias LED, o que fará descender o consumo enerxético de xeito notable. Esta actuación servirá para completar a renovación de máis do 60% do sistema de alumeado municipal.
Mellora integral da fronte costeira na zona portuaria de Raxó
Os socialistas conseguimos impulsar a completa transformación da fronte costeira de Raxó que se atopa moi deteriorada. Agora está xa en execución a obra do tramo de Ramón Encinas con fondos europeos. Conseguimos desbloquear tamén con
Portos de Galicia a mellora da zona portuaria de Raxó, comprometida dende 2009 nun convenio que inclúe a mellora de Covelo polo que seguiremos traballando.
Despois de que a xunta retrasara este proxecto durante 14 anos, en breve se iniciará a execución dun proxecto que transformará totalmente un espazo de grande importancia para Raxó.