O Concello de Poio necesita novo chan industrial para atraer investimentos e xerar emprego, riqueza e benestar, por iso é fundamental o acordo ao que chegamos os socialistas co Consorcio Zona Franca de Vigo para desbloquear e impulsar definitivamente o polígono de Fragamoreira.
Ante a pasividade e a falta de interese por parte da Xunta de Galicia e despois de 15 anos de bloqueos e impedimentos por parte de Xestur coa complicidade de Ángel Moldes, agora fomos capaces de dar un impulso definitivo ao polígono industrial para desenvolver a través desta actuación máis de 230.000 m2 para actividade empresarial, dentro dunha área de 400.000 m2, que estará dotada con zonas verdes e equipamentos de todo tipo.
Dende a administración municipal, o grupo socialista coa implicación do estado a través de Zona Franca, como se fixo noutros concellos da provincia, impulsaremos a urbanización e desenvolvemento do polígono ao igual que xa logramos con outros proxectos claves para o futuro de Poio, como a depuradora. Os socialistas demostramos con feitos o noso compromiso co concello poñendo sobre a mesa solucións e iniciativas transformadoras para o noso municipio.